RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Volven os ‘Rías Baixas Fest’

Abranguen de xullo a setembro con 7 citas en toda a provincia

Volven os 'Rías Baixas Fest'

Volven os ‘Rías Baixas Fest’. Estarán adaptados á nova normalidade, pero sen perder a súa esencia de promover os valores paisaxísticos, gastronómicos e culturais do destino Pontevedra provincia.

«Os sete eventos musicais máis destacados do panorama galego», unidos baixo a marca provincial da Deputación de Pontevedra, estarán presentes de xullo a setembro.

A presidenta da Deputación presentou a nova edición nun acto baixo o
magnolio dos xardíns do Pazo Provincial, coa música en directo de
Leticia Rey e Iago Fernández.

«Valentía»

“Grazas pola vosa valentía, por darnos alegría, por ser capaces de sufrir sen rendervos e por manter vivos estes festivais tan pegados ao territorio que nos fan tan especiais, diferentes e únicos», sinalou Carmela Silva.

A presidenta asegurou que «fostes capaces de reinventarvos, ás veces poñendo en perigo ás vosas empresas, a vosa vida, e a xente ten que sabelo». Porque «o que non se podía consentir era que se perdera esta riqueza, porque é unha riqueza desta provincia, e o fixestes co voso esforzo, co voso
traballo, ánimo e optimismo cando era difícil ser optimista»
.

Silva subliñou que tras un 2020 “horrible”, este 2021 “será mellor, aínda que un pouco complexo, pero comezamos a ver luz e vai poder haber
música en vivo, que vós precisades e a sociedade necesita moito”
.

No acto proxectouse o vídeo da cantante Woyza que forma parte da campaña turística deste 2021 da Deputación, “É o teu momento”.

De xullo a setembro

O calendario do Rías Baixas Fest abranguerá desde xullo a setembro e arrancará co Atlantic Fest de Vilagarcía, que se celebrará do 12 ao 24 de xullo.

Seguirá co Vive Nigrán, que terá lugar do 15 ao 17 de xullo; Festival Sinsal de Redondela (23 ao 25 de xullo); o SonRías Baixas de Bueu (3 ao 8 de agosto); Marisquiño de Vigo (6 ao 8 de agosto) e o Festival Revenidas de Vilaxoán (9 ao 12 de setembro). Está pendente de data o Festival Portamérica de Caldas de Reis.

También te puede interesar