RGPD - Cookies
Comarcas

Guadi Galego, este sábado en Tomiño

Presentará as 10 cancións do seu disco «Costuras»

Guadi Galego, este sábado en Tomiño

Guadi Galego, actúa en Tomiño. Será o vindeiro sábado 3 de xullo, e presentará as 10 cancións do seu disco «Costuras». O escenario é a Praza do Seixo.

Ábrese, así a axenda de verán do Concello de Tomiño. Será un concerto en directo para todos os públicos e gratuito, que comezará ás 22.30 horas. É preciso reservar lugar, o cal pode facerse en[email protected] ou no teléfono 986 622001/03.

Musigal 2021

A primeira cita cultural do verán chega da man de «Musigal 2021», da Deputación de Pontevedra. O obxectivo do mesmo é contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego.

Guadi Galego

Grazas á capacidade para a composición, a versatilidade e a sensibilidade á hora de interpretar, Guadi Galego (vocalista, pianista e gaitera do grupo Berrogüeto durante unha década), publicou con Carlos Abal o seu novo disco, Costuras. Trátase dunha «viaxe desde mundos asociados á infancia até o presente máis duro e á vez esperanzador».  A cantante actuará acompañada polo seu grupo e tocará os teclados.

Programación de verán

O resto da programación deste verán inclúe cine familiar ao aire libre e cine para persoas adultas; contacontos, teatro e concertos musicais de distintos xéneros; todos naa Praza do Seixo.

Tamén celebrarase un festival familiar en Goián (con circo, xogos tradicionais, teatro e música) e numerosas actividades deportivas e de formación.

También te puede interesar