'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Veciños de Teis denuncian o abandono da Praia da Punta

Aseguran que o alcalde fai anuncios que non se concretan en nada

Veciños de Teis denuncian o abandono da Praia da Punta

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse, de novo, ao alcalde e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, para esixir a mellorara da praia da Punta e o seu entorno.

A praia da Punta, é o areal máis importante con que conta Teis. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que “é un dos lugares de lecer máis importantes de Vigo nos meses de verán”.

Importantes deficiencias

A praia da Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación. Entre elas: a rampla de acceso esta afundida; o mal estado da torre de vixilancia ou a falla de firme no paseo marítimo.

Este areal ten un problema espazo: queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que colocar no entorno.

Por iso, os veciños propoñen para gañar espazo que se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. “Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación”.

Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta trasladouse ao servizo provincial de Costas, hai mais de dous anos.

Torre de vixilancia

Tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, e xa houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.

Esta Asociación é favorábel a construír o espigón que permita recuperar area na praia da Punta, pero coa realización previa de estudos técnicos. “Non estamos dispostos a outra barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público”.

O “acordo histórico” entre Costas e o Concello de Vigo de 2019

O 30 de xaneiro de 2019, Abel Caballero, anunciaba un “acordo histórico” con Costas, para recuperar a fachada marítima de Vigo, incluíndo entre estas actuacións a praia da Punta. “Despois de dous anos deste acordo, non houbo ningunha actuación nesta praia”.

“Unha vez máis estamos diante de anuncios e fotos, que logo non se concretan en nada”. É urxente mellorar os espazos e o entorno da praia da Punta, indican os veciños. O seu estao non é aceptábel, indican, considerando que, ademais, ten unha bandeira azul.

También te puede interesar