Comarcas

Redondela presenta un programa de tres días para celebrar o ‘Día de Galicia’

O 23, 24 e 15 de xullo

Redondela presenta un programa de tres días para celebrar o 'Día de Galicia'

O Concello de Redondela reafirmará o “orgullo de ser galegos”, durante a programación dos actos do Día Nacional de Galicia, o vindeiro 25 de xullo.

A alcaldesa presentou os actos organizados pola Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe ela mesma, e que se desenvolverá baixo o lema de «Terra… a nosa!».

“Pretendemos reforzar e reafirmar o orgullo de ser galegos e galegas, de poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa propia identidade como pobo” afirmou Digna Rivas.

Un programa de tres días

A alcaldesa asegurou que “antes da nosa chegada ao Goberno local celebrábase un acto solitario no propio 25 de xullo”. Agora será un programa de tres días, subliñou. Rivas comentou que “Redondela sempre foi referente de galeguidade e pioneiro na defensa e posta en valor da nosa lingua”.

Así, o 23 de xullo a Alameda Castelao acollerá unha xornada de ‘Cinema na Rúa’, ás 22:30 horas. Proxectarase a película Cuñados que, en palabras da alcaldesa, “é unha clara aposta polo noso cine, pola nosa cultura e pola nosa lingua”.

O día 24, ás 22 horas, o paseo marítimo de Chapela vestirase de gala para acoller o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, un concerto que o pasado ano tivo que ser suspendido pola COVID-19.

O día 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, ás 20 horas e na Alameda Castelao, terá lugar o acto institucional no que, adiantou a rexedora local, terán protagonismo os cativos e cativas do campamento de conciliación.

A xornada do día grande de Galicia pecharase co concerto de SES da que, afirmou Digna Rivas, “non precisa presentación” xa que é “unha cantante de renome e unha muller comprometida que nas súas cancións pon o foco sobre o feminismo, a tradición, o compromiso e o empoderamento cultural feminino”.

También te puede interesar