RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Cultura

A estimación de ocupación turística en Vigo é dun 62% en xullo e 72% en agosto

A fin de semana do Marisquiño podería chegar ao 90%

A estimación de ocupación turística en Vigo é dun 62% en xullo e 72% en agosto

A Deputación agarda unha ocupación turística na provincia de Pontevedra dun 60% no mes de xullo e o 70% en agosto.

«Con todas as cautelas ante os múltiples factores que poderían interferir nas previsións, pero con moito optimismo» sinalou a presidenta da entidade provincial.

Carmela Silva sinalou que, a día de hoxe, parece que o turismo recupérase de cara a este verán, especialmente nas Rías Baixas. No intervalo máis baixo da pinza, as cifras apuntan a unha media de case un 60% no mes de xullo e preto dun 70% en agosto. O Observatorio turístico e o sector xa contempla un incremento de ata un 15% nestes datos se a pandemia sigue contida.

Cambio radical

Son datos que, como subliñou a presidenta, «amosan unhas boas perspectivas para un sector que representa o 11% do PIB». Silva, que compareceu hoxe en rolda de prensa, engadiu que «esperemos que se cumpran as estimacións e poidamos desfrutar dun sol verdadeiro, da luz desta provincia».

Un 62% de reservas en Vigo no mes de xullo

Para o vindeiro mes de xullo, os establecementos hoteleiros da provincia xa contan cun 57,2% de reservas que, se segue a boa evolución da pandemia podería chegar ao 75%.

A comarca do O Morrazo agarda un 75,5% de ocupación turística, mentres que a de Vigo ten un 70% de reservas; O Salnés un 66%; a comarca de Pontevedra un 59%; Baixo Miño un 53,4%; Caldas un 47%; Deza-Tabeirós-Montes un 24,5% e Condado-Paradanta un 23%.

No que se refire aos principais concellos turísticos, Baiona estima un 78% de ocupación; Sanxenxo un 63,6%; Vigo un 62,4% (dato que se achegará ao 70% esperado por Ashovi); Pontevedra un 57, 3% e O Grove un 54,8%.

E un 72% en agosto

Xa para agosto, a estimación é do 66% aínda que o sector calcula que se a situación epidemiolóxica sen mantén as reservas poderían incrementarse tamén ata un 15%. «Estaríamos falando dunha ocupación por riba do 80%», dixo Carmela Silva.

Xa por comarcas, no Salnés prevese un 70,9% de ocupación, na comarca de Vigo un 70,4%, na de Pontevedra un 67,8%, no Morrazo un 67,3%; na comarca de Caldas un 50,5%; no Baixo Miño, un 57%; no Deza-Tabeirós-Montes un 50% e no Condado-Paradanta un 22,5%.

En canto as principais vilas turísticas Baiona agarda un 83%; Vigo un 72,1% de ocupación turística, previsión «moi potente» que se estima aumentará e coincidirá co 90% que augura Ashovi e, no caso do fin de semana do Marisquiño, dun 95% . Doutra banda, Sanxenxo prevé un 70,3%; Pontevedra un 60,3% e O Grove 56,7%.

Turismo rural

As expectativas «son tamén favorables» no turismo rural, cunha previsión de ocupación a día de hoxe de preto do 70% para xullo e do 71% para agosto.

Por comarcas, Caldas prevé  un 95% de ocupación en xullo e un 75% en agosto; a de Pontevedra un 66,9% en xullo e un 74,9% en agosto; O Morrazo un 86,9% xullo e un 84% agosto; Baixo Miño un 70% xullo e un 59,5% en agosto; O Salnés un 57,5% en xullo e un 69% en agosto; a comarca de Vigo preto dun 50% en xullo e un 75,3% agosto; Deza-Tabeirós-Montes: 64,7% para xullo e 68,9% para agosto e  Condado-Paradanta un 64,9% en xullo e un 62,6% en agosto.

Albergues

A estimación para xullo e agosto nos albergues é de superar o 35% (34,9% en xullo e 36,6% en agosto). Nos cámpings destacan porcentaxes de reserva xa importantes cun 50,3% para xullo e 51,8% para agosto, destacando a área de Vigo e o Salnés con previsións superiores ao 70% para ambos meses.

Nas vivendas turísticas, a previsión de reservas para xullo está cerca do 70%, mentres que en agosto se achega ao 80 %. Sanxenxo, concello co maior número de vivendas turísticas de Galicia, prevé un 74,1% en xullo e un 83,2% en agosto.

En canto ao perfil das persoas que visitaron as oficinas turísticas ou que realizaron consultas na rede sobre o destino, a presidenta destacou que cerca do 89% foi público nacional principalmente da propia provincia de Pontevedra seguido de Madrid, Barcelona e País Vasco.

Datos de Xuño

Neste mes que está a piques de rematar, prevese que a ocupación turística en hoteis acade finalmente un 43%, coa maior parte das reservas nesta segunda quincena. Por comarcas, Baixo Miño rexistra  un 49%, O Morrazo un 46,6%; Pontevedra un 46,3%; Vigo un 46,1%; O Salnés un 42,3%; Caldas un 33,6%; Deza-Tabeirós un 26,5% e Condado-Paradanta un 12,3%.

En  canto aos datos rexistrados nas cidades e nos principais destinos, os de Pontevedra amosan un 52,7%  de ocupación; Vigo un 49,2%;  Baiona un 48,5%;  Sanxenxo un 40,3% e O Grove un 36,6%.

Doutra banda, no turismo rural, a ocupación no conxunto do destino foi do 35% . Nos albergues, a ocupación foi do 16% e nos cámpings do 21,8%, cos datos máis salientables no Morrazo, cun 42,2%, e na comarca de Vigo cun 25,3%.

Si que houbo unha ocupación «histórica», segundo o sector, nas vivendas turísticas neste xuño: un 41% na primeira quincena e un 52,4% nesta segunda.

También te puede interesar