Galicia Vigo al minuto

Os galegos podemos solicitar xa a eutanasia

O PP anunciou que tentará anular a lei diante do Tribunal Constitucional

Os galegos podemos solicitar xa a eutanasia

O presidente Feijóo confirmou hoxe que xa se pode solicitar a tramitación da eutanasia en Galicia. Este venres entrará en vigor a lei orgánica que a regula. A mesma fora aprobada en marzo cos votos en contra da extrema dereita e do PP. Precisamente, o Partido Popular, anunciou que a recorrería no Tribunal Consitucional-.

Feijóo apuntou que non está creada a comisión de garantías – que debe de tomar a decisión última se hai conflito- pero, concluiu que iso non impedirá aplicar a lei.

O presidente volveu a defender a normativa galega de Coidados Paliativos, aprobada en 2015 que, ao seu xuízo «era máis respectuosa coas distintas sensibilidades».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.