RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

A semana próxima empeza en Vigo a vacinación de persoas de entre 30 e 39 anos

E rematarán as primeiras doses dos de 40 a 49 anos

1.518.407 galegos recibiron, cando menos, unha dose da vacina da COVID

O Sergas iniciará o proceso de vacinación do grupo de 30-39 anos denidade da Área Sanitaria de Vigo na próxima semana. Así, o sábado día 3 de xullo vanse citar para vacinarse no IFEVI 5.000 persoas dese grupo.

37.500 persoas en total

En xeral, a programación inicial básica da vindeira semana prevé a citación de 37.500 persoas (35.500 no IFEVI e 2.000 no Álvaro Cunqueiro) destinadas a finalizar as primeiras doses do grupo de 40-49 anos e a continuar coas segundas doses dos grupos correspondentes.

También te puede interesar