Cultura Vigo al minuto

Sinsal SON Estrella Galicia, do 23 ao 25 de xullo na Illa de San Simón

Cada banda e artista ofrecerá un único concerto e o programa de cada día será diferente

A Illa de San Simón acollerá de novo a «selección sonora máis coidada e exquisita do panorama musical galego». O Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa do 23 ao 25 de xullo.

Logo dunha edición de resistencia, celebrada no litoral, este verán «regresa a súa propia esencia» como evento. Serán tres xornadas de música e contacto coa natureza. SinSal volve con propostas singulares e contemporáneas, directos suxestivos e a illa como cabeza de cartel.

As músicas de vangarda e de raíz, manifestacións urbanas e sonoridades modernas ou con influencias electrónicas conforman a paisaxe sonora que propón este ano Sinsalaudio e que acompañará, ao longo de tres xornadas, ás asistentes desta edición, nomeada Sinsal Esencial.

‘Cartel segredo’

O cartel segredo do Sinsal Esencial non será a única sorpresa para o público. Este ano, cada banda e artista ofrecerá un único concerto nesta edición, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao anterior. 

Entradas, en xullo

As entradas de SinSal SON Estrella Galicia sairán á venda nos primeiros días do mes de xullo a través da plataforma Enterticket. O público poderá adquirir os seus billetes para cada día de concertos de xeito individual -sen posibilidade de adquirir abono-. Ademáis, haberán prezos diferenciados entre o público adulto e o menor de 16 anos -inclusive-.

Como é habitual, cada ticket incluirá, ademais do acceso aos concertos segredos e o transporte en barco até San Simón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.