Comarcas

Nigrán manterá pechadas as súas praias a noite de San Xoán

As forzas de seguridade desaloxarán as praias ás 21:00h. do mércores, día 23

Nigrán manterá perchadas as súas praias a noite de San Xoán. O Concello impedirá que se celebren as tradicionais cacharelas nos areais.

Desde xeito, as forzas de seguridade desaloxarán as praias ás 21:00h. do mércores, 23 de xuño. As mesmas quedarán precintadas ata as 8:00h. do xoves 24.

Igualmente, durante todo o día 23 non se permitirá a entrada con bebidas alcohólicas ou calquera elemento para facer fogueiras. A tal efecto, o Concello de Nigrán ven de publicar un bando.

«Todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas por mor do Covid-19 e o propio sentido da responsabilidade impiden que este ano retomemos as tradicionais cacharelas que cada ano confecciona o Concello en Panxón e tampouco haberá verbena», xusifica o alcalde, Juan González.

«Este evento reúne a miles de persoas, é o máis multitudinario de Nigrán, e aínda que a situación mellorou moito con respecto a 2020 todavía non é o momento, agardamos que en 2022 si sexa xa posible. Agora toca festexalo no eido privado. Paciencia, cariño e calma porque ímos no bo camiño», engade.

Así, desde o Concello de Nigrán outorgáronse 56 permisos a particulares, revogándose dous que pertencían a asociacións ao prohibir a Xunta calqueira fogueira en espazos públicos.

Actividades paralelas

O Concello ofrece unha programación alternativa para este día festivo de gran raigame en Panxón.

Por unha banda haberá un show infantil do Rey Midas o mércores 23 ás 19:00h. no Paseo Marítimo; ás 22:30, concerto estelar do grupo vigués Broken Peach no espazo deportivo Dunas de Gaifar (entrada de balde ata completar o aforo).

Ao día seguinte, xa día de San Xoan, patrón de Panxón, o Concello ofrece ás 13:00h. no peirao un concerto a cargo da Banda de Música do Val Miñor.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.