RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Marea de Vigo pide ampliar o servizo de Socorrismo nas praias da cidade

Máis días e tamén màis horas

Marea de Vigo pide ampliar o servizo de Socorrismo nas praias da cidade

Marea de Vigo cré que é necesario ampliar o servizo de Socorrismo nos areais da cidade. A concelleira Oriana Méndez lémbralle ao alcalde que os socorristas deben de estar nas praias, do 1 de xuño ao 30 de setembro, como di a ordenanza municipal. «Polo tanto – indica – , hai unha contradición entre o contrato coa concesionaria e a ordenanza vixente».

Máis horas

Alén disto, Marea de Vigo tamén reclama unha ampliación de horarios, «non ten sentido que haxa praias onde o servizo só funcione de catro a oito da tarde». Oriana Méndez indícalle a Caballero que «debe atender as demandas do persoal». As mesmas foron trasladadas a través de varios escritos remitidos ao Goberno local por medio do rexistro do Concello. Entre elas están as ampliacións de horarios e datas.

También te puede interesar