O Goberno quere que o alumnado maior de 12 anos comecen o curso coa vacina posta. Así o dixo a ministra de Educación, Isabel Celaá, nunha entrevista en TVE . Celaá apuntou que, por unha cuestión loxística, «para telos a todos reunidos», poderían inmunizarse na primeira semana de setembro.
A ministra non confirmou se a vacinación será nos centros educativos: «esa cuestión lle corresponde ao Ministerio de Sanidade», como o uso das máscaras nos centros.
Paso a Secundaria e Bacharelato con dous suspensos
Respecto ás críticas sobre a posibilidade de pasar de curso en secundaria e bacharelato con ata dúas materias suspensas, Celaá negou que estea a baixar a esixencia.
«Non é que esixamos menos, esiximos moitísimo máis, porque esiximos que o alumnado supere todos os obxectivos da etapa». A minsitra cré que estase «a abusar da repetición» e hai que lograr detección precoz e reforzo para evitar chegar a esa medida.
Isabel Celaá rexeitou que as xuntas de avaliación vaian decidir de xeito discrecional ou para mellorar a imaxe do centro. Iso sí, sinalou que «hai algúns centros educativos que todos coñecemos que aproban máis que outros», unha «diversidade» que se amosa nas probas de acceso á universidade.

