RGPD - Cookies
Sucesos Vigo al día

Aumenta en Galicia o número de mulleres vítimas de violencia machista

No primeiro trimestre houbo 1.434 casos, 47 máis que o ano pasado

Aumenta en Galicia o número de mulleres vítimas de violencia machista

O número de mullres vítimas de violencia machista, aumentou os primeiros tres meses deste ano en Galicia.

Os órganos xudiciais da comunidade recibiron no primeiro trimestre do ano 1.434 denuncias por violencia de xénero, un 1,6 % máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.412.

A maioría por medio da Policía

A gran maioría das denuncias -1.136- chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima. En Galicia rexistráronse durante o primeiro trimestre deste ano 1.434 mulleres vítimas de violencia machista nas denuncias recibidas, fronte ás 1.387 das mesmas datas de 2020, o que supón un incremento do 18,2 %. Cabe destacar que os datos do primeiro trimestre do 2020 reflicten a incidencia da crise sanitaria da COVID-19, a pesar de que a actividade dos xulgados de violencia sobre a muller foi declarada esencial e non quedou afectada pola suspensión dos prazos procesuais nin paralizada en ningún momento.

Segundo os datos estatísticos feitos públicos hoxe polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPX), en Galicia os casos de vítimas de violencia machista que se acolleron á dispensa para non declarar descenderon un 18,9 %. Se nos tres primeiros meses de 2020 optaron por esta opción 122 mulleres, no mesmo período de 2021 fixérono 99, é dicir, o 6,9 % das vítimas.

371 ordes de proteción

Galicia situouse como a cuarta comunidade coa taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do Estado, con 10,3 persoas, fronte ás 14,2 de media estatal. Durante o primeiro trimestre do ano solicitáronse 371 ordes de protección nos órganos xudiciais da comunidade, fronte ás 529 de 2020, o que supón un descenso do 29,9%. Das 371 adoptáronse 232, o 62,53 %.

Un 84% de condenas aos agresores

O 84,18 % das persoas axuizadas na comunidade galega por delitos relacionados con violencia machista entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo deste ano foron condenadas. Este dato sitúa á comunidade por baixo da media estatal, que foi do 86,72 %.

También te puede interesar