Comarcas

Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz non abrirán as piscinas este verán

Aseguran que non poden cumprir as restricións de Sanidade

Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz non abrirán as piscinas este verán

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz non abrirán as piscinas este verán.

Nun comunicado explican a apertura non é viable ante as restricións impostas dende o Ministerio de Sanidade. Entenden que estas “varían pouco respecto ás de 2020”, establecendo un aforo do 50%,- o 30% en vestiarios e duchas- e mantendo a distancia de seguridade.

A isto engadese, a obriga de establecer quendas de uso con reserva de cita previa limpeza e desinfección despois de cada uso. Isto suporía o peche temporal para realizar estas tarefas e a reducción do espazo nas piscinas. “A limpeza e desinfección dos vasos, zonas de estar e vestiarios perxudican notablemente a comodidade e o lecer que se verían interrupidos constantemente”.

É por iso que tras valorar a situación, os catro concellos chegaron á dicil decisión conxunta de “non abrir” as piscinas. Aproveitarán estes meses para facer melloras nestas instalacións.

También te puede interesar