Comarcas

Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz non abrirán as piscinas este verán

Aseguran que non poden cumprir as restricións de Sanidade

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz non abrirán as piscinas este verán.

Nun comunicado explican a apertura non é viable ante as restricións impostas dende o Ministerio de Sanidade. Entenden que estas «varían pouco respecto ás de 2020», establecendo un aforo do 50%,- o 30% en vestiarios e duchas- e mantendo a distancia de seguridade.

A isto engadese, a obriga de establecer quendas de uso con reserva de cita previa limpeza e desinfección despois de cada uso. Isto suporía o peche temporal para realizar estas tarefas e a reducción do espazo nas piscinas. «A limpeza e desinfección dos vasos, zonas de estar e vestiarios perxudican notablemente a comodidade e o lecer que se verían interrupidos constantemente».

É por iso que tras valorar a situación, os catro concellos chegaron á dicil decisión conxunta de «non abrir» as piscinas. Aproveitarán estes meses para facer melloras nestas instalacións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.