RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo invitou ao Papa a visitar Galicia

“Peregrinar a Galicia é seguro”,dixo o presidente, lembrando que contamos co ‘Seguro Covid’

Feijóo invitou ao Papa a visitar Galicia

O presidente Feijóo invitou ao Papa a visitar Galicia, neste Ano Santo 2021-2022. O Papa Francisco recibiu hoxe no Vaticano oa xefe do Executivo galego, acompañado polo arcebispo de Santiago. “Sería sen dúbida a mellor noticia que poderíamos recibir os galegos”, asegurou Feijóo.

Na audiencia, agradeceu ao Papa o “privilexio” de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que, segundo dixo, «enche de esperanza a toda Galicia».

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é recibido en audiencia pola Súa Santidade o Papa Francisco. Vaticano, 14/06/21

Peregrinar a Galicia é seguro

Nesta liña, o presidente destacou o vínculo dos galegos co feito da peregrinación e a responsabilidade que isto implica. “Peregrinar a Galicia é seguro”,dixo, lembrando que contamos co ‘Seguro Covid’, que garante a asistencia sanitaria para todos os que nos visiten, en caso de contaxio.

Feijóo valorou o feito de que nos primeiros días do mes de xuño o
número de peregrinos sexa superior xa ao de todo o mes de maio
.

Ao longo do encontro, Feijóo entregou ao pontífice unha concha de bronce,
símbolo do Camiño, e un libro sobre a arquitectura tradicional galega.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é recibido en audiencia pola Súa Santidade o Papa Francisco. Vaticano, 14/06/21

También te puede interesar