Galicia Vigo al minuto

Máis de 13.000 estudantes galegos, a Selectividade dende este martes

Ás probas comezarán ás 9 da mañá

Máis de 13 estudantes galegos a Selectividade dende este martes

Máis de 13.000 estudantes galegos examínanse de Selectividade dende este martes, día 8, ata o xoves, día 10. As probas comezarán ás 09:00 horas e prolongaranse até as 19,30 horas.

Por primeira vez, non terán que optar entre dous tipos de exame: será un so con preguntas flexibles, que escollerá cada alumna e alumno.

Dúas partes: obrigatoria e voluntaria

Os exames constarán de dúas partes: obrigatoria e a voluntaria.    A obrigatoria estará formada polas catro materias do bloque de ‘asignaturas troncais –Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II, Historia de España e Primeira Lingua Estranxeira II– e as troncais da modalidade de bacharelato cursada polo alumno –Fundamentos da arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II.

Os que queiran subir nota poderán facer a ‘parte voluntaria’ de catro materias, escollendo entre aquelas das que non se examinaron na parte obrigatoria.

Convocatoria extraordinaria

A convocatoria extraordinadia deste exame de Selectividade será os días 13, 14 e 15 de xullo. Na mesma poderán participar os estudantes que non aprobaron na primeira; os que quieran mellorar nota e os que, por calquera problema causado pola COVID, non poidesen presentarse en xuño.

Medidas antiCOVID

As probas seguiran as normas ‘anti COVID’. Así, os estudantes accederán ao exame en fila, con máscara e gardando a separación de seguridade.

Na aula non poderá haber máis de 50 alumnos e levarán as máscaras postas en todo momento. Deberán presentar o DNI e as etiquetas identificativas e poden ter calculadora, dicionario, bolígrafos e xel hidroalcohólico. Rematado o exame, sairán do edificio e non poderán entrar de novo ata a seguinte proba.

Os resultados, o 17 de xuño

As notas estarán dispoñibles ‘online’ a partir das 20:00 h. do xoves 17 de xuño. Unha semana máis tarde faranse públicas as cualificacións definitivas.

También te puede interesar