RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

A comida dos pacientes do Cunqueiro chega dende Zaragoza

A cociña do hospital estará en obras, cando menos, dous meses

A comida dos pacientes do Cunqueiro chega dende Zaragoza

A comida para os pacientes do Cunqueiro chega de Zaragoza. Así o denunciou hoxe a CIG, que informa do peche temporal da cociña do Cunqueiro.

Para a central confírmanse «as denuncias feitas a respecto dos recortes na calidade da construción do hospital”. Neste sentido apunta que hai que facer obras na cociña, tras apenas cinco anos de funcionamento e que por isto a comida para os pacientes chegará dende máis de 800 kilómetros de distancia, cando menos durante 2 meses.

O SERGAS non informou

Dende a CIG apuntan que o SERGAS non informase de que a comida para os pacientes do Cunqueiro chega dende Zaragoza. Ademáis rexeita que calase sobre «a decisión da empresa concesionaria [do hospital] de pechar a cociña e trasladar a comida en camións dende a capital aragonesa”.

Á vista destes feitos, a central esixe unha explicación a Sanidade e denuncia a súa irresponsabilidade por deixar a saúde dos pacientes nas mans de “fondos de investimento voitre”.

También te puede interesar