Galicia Vigo al minuto

O BNG denuncia que o Goberno local impide ver o expediente do Plan Xeral

Asegura que foi unha “orde da Consellería de Urbanismo”

Demoras de ata catro semanas para ser atendido polos Servizos Sociais do Concello

O Plan Xeral está “oculto”. O Goberno local impide ver o seu expediente. Isto é o quevén de denunciar o Bloque Nacionalista Galego de Vigo: que non se deixa acceder aos grupos da oposición ao mesmo.

Dende o Bloque critican a “opacidade e escurantismo” co que o Goberno local está a abordar a elaboración do novo planeamento urbanístico.

“Orde da Consellería de de Urbanismo”

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, sinala que, segundo lle confirmaron técnicos municipais, “foi unha orde da Concellaría de Urbanismo a que motivou que se lles retirara a todos os grupos da oposición o acceso ao expediente municipal do novo PXOM”.

“Tivemos acceso desde maio de 2020, o que nos permitía cando menos ter constancia da situación da tramitación, pero foinos retirado desde o día de onte por unha decisión política do Goberno local”, denuncia. “Que queren agochar con esta decisión? Que é o que non queren que saibamos?”

O BNG xa solicitou, oficialmente, que se lle volva habilitar o acceso ao expediente para coñecer a súa evolución “en tempo real”

“É hora de quitar o Plan Xeral da escuridade dos despachos. É hora de poñer luz, de máis transparencia, de máis información e sobre todo de máis participación, para termos un Plan de toda a cidade e non só duns poucos”, remacha Igrexas.

También te puede interesar