Galicia Vigo al minuto

O curso 2021-2022 comezará o 9 de setembro

A convocatoria extraordinaria de exames para o curso que empeza en setembro será xa en xuño

O curso 2021-2022 comezará o 9 de setembro

O curso 2021-2022 comezará o 9 de setembro para Infantil, Primaria e Educación Especial, logo dos exames de recuperación, e o 21 para a adaptación de infantil.

No caso de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, a data de inicio será o 15 de setembro. En todos os caos as clases rematarán o 22 de xuño.

A convocatoria extraordinaria de exames, en xuño

O vindeiro ano lectivo, a convocatoria extraordinaria de exames para o curso que empeza en setembro será xa en xuño; en Bacharelato, as clases finalizarán de acordo coas datas previstasde cara o acceso á universidade (ABAU).

Ademáis, serán tamén días lectivos os que se dediquen á realización dos exames finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

Vacacións e comerdor escolar

Durante o curso 2021-2022, os períodos de vacacións serán: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro de 2022-polo Nadal-;28 de febreiro e 1 e 2 de marzo- polo Entroido-,e do 11 ao 18 de abril- por Semana Santa-..

Os comedores escolares empezarán o 9 de setembro de 2021 e pecharán o 23 de xuño.

También te puede interesar