Comarcas

O Mercado de Ponteareas funcionará dende esta semana con enerxía solar

Permitirá aforrar un 50% na factura eléctrica do Mercado Municipal, da Escola de Música e da Biblioteca

A instalación de paneis solares no Mercado Municipal de Ponteareas «avanza a bo ritmo»: xa están colocadas as canalizacións dende a cuberta ata os inversores– encargados de converter a corrente continua que xeran as placas en corrente alterna-. Están tamén instalados 50 dos 86 módulos totais, e os restantes estarán listos esta semana.

Operativa xa este mes de xuño

A previsión é que a instalación remate a principio de xuño e empece a funcionar, o cal «permitirá aforrar nas arcas públicas en torno a un 50% na factura eléctrica do Mercado Municipal, da Escola Municipal de Música e da Biblioteca Municipal».

Aposta pola sostenibilidade

Este proxecto conta co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e é unha aposta do Concello de Ponteareas pola sostibilidade enerxética.

A empresa galega Solarz, con sede en Ponteareas, é a encargada de
desenvolver este proxecto, e ten por misión fomentar o uso de enerxías limpas e renovables.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.