Ciencia y Tecnología Galicia

582.200 galegos están xa inmunizados fronte á COVID

O 78% dos maiores de 50 anos teñen posta, polo menos, unha dose da vacina

Expertos del Ministerio de Sanidad proponen una 'dosis de refuerzo' para los 2 millones de españoles vacunados con Jansenn

582.200 galegos están xa inmunizados fronte á COVID. Son os que recibiron, ate este mércores, as dúas doses das vecinas e representan preto do 25% da poboación.

1.679.928 vacinas postas

Dacordo cos datos actualizados hoxe pola Consellería de Sanidade, administráronse 1.679.928 dose da vacina das 1.742.275 que recibiu a Xunta do Goberno central. En total, representan o 96,42%.

As persoas vacinadas polo menos unha vez son xa 1.110.964 no conxunto de Galicia.

Preto de 1 millón de persoas maiores de 50 anos xa teñen posta unha dose

Segundo a idade xa están vacinadas 129.765 persoas maiores de 85 anos; 95.139 de 80 a 84 anos;; 131.945 de 75 a 79 anos; 148.097 de 70 a 74 anos; 147.235 de 65 a 69 anos; 163.607 de 60 a 64 anos; 143.195 de 55 a 59 anos e 39.348 de 50 a 54 anos.  

A elas hai que sumar 29.996 persoas de 45 a 49 anos; 27.108 de 40 a 44 anos; 19.678 de 35 a 39 anos; 15.768 de 30 a 34 anos; 12.735 de 25 a 29 anos; 6.678 de 20 a 24 anos; 669 de 15 a 19 anos; e unha de 10 a 14 anos.

En conxunto, recibiron polo menos unha dose 998.331 persoas maiores de 50 anos, o que supón o 78,18% de as persoas a vacinar desas idades.

1.110.964 galegas e galegos recibiron, cando menos, unha dose da vacina contra a Covid-19. Ista cantidade é o 47% da poboación.

También te puede interesar