Galicia Vigo al minuto

Carmela Silva denuncia que na sociedade impulsora dos fondos europeos non hai mulleres

Esixe á Xunta, que rectifique de inmediato

Carmela Silva

A presidenta da Deputación Carmela Silva pide que se arranxe, de inmediato este feito.

A Deputación de Pontevedra esixe ao presidente Feijoo que se corrixa a composición do Consello de Administración da sociedade impulsora dos fondos europeos, na que non figura unha soa muller.

Decisión «insólita e incomprensible»

Na carta remitida a Feijóo, Carmela Silva cualifica este feito de
“insólito e incomprensible”. Por iso, esixe á Xunta, que rectifique de inmediato e se proceda á incorporación de mulleres ao Consello de Administración para que sexa paritario.

Carta de Carmela Silva al presidente Feijóo

«Inaudito«

Carmela Silva lembra a Feijoo e ás empresas participantes nesta
sociedade que ”resulta inaudito que en pleno século XXI se permitan o luxo de desperdiciar o enorme talento de moitas mulleres galegas».

A presidenta salienta a importancia que teñen na economía, a industria, o medio ambiente, o urbanismo, a mobilidade, a demografía, a transición ecolóxica, a dixitalización ou a enxeñaría. Así mismo, apunta a que «por non estar, nin sequera figura unha soa conselleira do seu goberno”.

«Intolerable»

A presidenta da Deputación subliña que «a falta de presenza do 50% da poboación resulta intolerable e non pode representar de ningunha das formas á sociedade galega”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.