Cultura Vigo al minuto

Taburete abre este sábado en Vigo o Festival TerraCeo

É o primeiro dos 10 concertos programados polo Festival só para o mes de maio

El Concello reconoce que nunca hubo licencia municipal para el festival Terraceo

A segunda edición o Festival TerraCeo comeza este sábado, ás 20:00horas, cun cartel no que xa hai previstos 41 concertos

Taburete abrirá a tempada de atardeceres musicais na terraza do Auditorio Mar de Vigo e con vistas á Ría e ás Cíes. É o primeiro dos 10 concertos programados polo Festival só para o mes de maio.

Segunda edición

O Festival TerraCeo naceu en 2020. Xestouse durante os meses de confinamento e permitiu xerar un modelo de concertos ao aire libre, seguindo as medidas de seguridade sanitarias.

Máis voces de Galicia

A segunda edición do Festival ten entre as súas principais novidades o incremento na aposta polas voces e grupos de Vigo e Galicia e a participación de artistas estranxeiros coma Kevin Johansen ou Jorge  Jorge Drexler.

E máis grupos de Vigo

Os grupos vigueses Os ResentidosThe Soul Jacket e Batea, e a solista Dani, presentarán os seus novos traballos na segunda edición de TerraCeo. Son parte da nómina de creadora e creadores musicais de Galicia que se suma este ano ao Festival. O mesmo inclúe grupos consolidados coma Eladio y los Seres Queridos ou Tanxugueiras e voces coma as de WyygaIts soulSannyIrene e MariñaCarolina RubirosaZeltia, o dúo Bala e a cantante porriñesa Xoana.

95% de localidades para maio, esgotadas

O 95% das localidades de TerraCeo para o mes de maio están esgotadas. Os concertos de TabureteCarlos SadnessBaiuca, e Los Secretos xa colgaron o cartel de “aforo completo”. Tamén a primeira das dúas veladas programadas con Andrés Suárez. E quedan xa poucas entradas para os concertos restantes.

A banda viguesa The Soul Jacket, que comparece de TerraCeo no segundo mes do Festival -11 de xuño- é o primeiro dos grupos de Vigo que completa aforo…e seguro que non vai ser o último.

You may also like