Galicia Vigo al minuto

Vilanova de Arousa, en ‘peche perimetral’ dende o luns polas restricións Covid

Ponteareas, estará no ‘nivel alto’ de restricións e Cangas, Gondomar e Vigo, no ‘nivel medio’

Cangas, Ponteareas, Tui, Arbo, As Neves y A Cañiza

Vilanova de Arousa pasa estar en restricións máximas, Ponteareas, estará no ‘nivel alto’ e Cangas, Gondomar e Vigo, no ‘nivel medio’.

Dende ás 00:00h luns, día 26, Vilanova de Arousa tamén estará baixo as ‘restricións máximas’ ante o aumento dos casos de COVID. Súmase a O Grove, A Pobra do Caramiñal, Cualedro e Carballeda de Valdeorras, e estará pechado perimetralmente.

O subcomité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento desta medida.

Ponteareas , no nivel alto’

Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Trabada, Barreiros, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.

Cangas, Gondomar e Vigo, no ‘nivel medio’

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, e Vigo.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.