Galicia Vigo al minuto

Publicada a Oferta de Emprego da Xunta para este ano con 1.006 prazas de acceso libre

A maiores, inclúense 322 prazas para a promoción interna e 163 para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo

Estas son as datas de 94 oposicións convocadas pola Xunta para 1.500 prazas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta para o ano 2021. A mesma inclúe un total de 1.006 prazas de acceso libre; 322 para a promoción e 163
prazas para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo. En total, a oferta na Administración Xeral ascende a 1.491 prazas.

Auxiliares de clínica, axentes técnicos, educadores ou enxeñeiros

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 140 prazas; na escala de axentes técnicos facultativos con 101 prazas na especialidade en xardín de infancia; ou na escala de técnicos facultativos con 28 prazas na especialidade
de educadores ou 19 na especialidade de enfermaría.

Tamén se inclúen 46 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos; 45 prazas na escala de enxeñeiros; 34 para a escala de ciencias; ou 13 prazas para a escala de xerocultor.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as
probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

En canto ao eido administrativo, destacan 77 prazas para o corpo superior (A1); 79 para o corpo de xestión (A2); 51 para o corpo administrativo (C1); 62 para o corpo auxiliar (C2) e 47 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

También te puede interesar