RGPD - Cookies
Comarcas

‘Corrupción en Porriño’

A oposición alerta de que «a alcaldesa está rexeitando celebrar un Pleno para intentar acelerar pagos irregulares e sen fiscalización»

O Partido Popular do Porriño acusa á alcaldesa, a socialista Eva García de La Torre, de denegar «á desesperada» un Pleno extraordinario «solicitado de xeito legal e coas sinaturas precisas», para «intentar tapar a corrupción do Goberno local».

Intenta «acelerar pagos irregulares e sen fiscalización»

O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, di que García «está rexeitando o Pleno para intentar acelerar pagos irregulares e sen fiscalización», e impedir que os concelleiros populares defendan o interese xeral e o patrimonio municipal. «A alcaldesa está usando a típica denegación á que recorren moitos alcaldes para intentar retrasar as mocións de censura, alegando que hai garabatos e non firmas e así seguir escapando da grave corrupción que hai na contratación neste concello», engade.

Quinta vez que a alcaldesa nega a celebración dun Pleno exraordinario

Lorenzo entende que é unha «nova estratexia á deriva» da socialista, «coa complicidade do seu socio de Goberno, o BNG, para xustificar que nega por quinta vez a celebración dunha sesión extraordinaria reclamada polo grupo maioritario na corporación».

O voceiro popular explica que non é a alcaldesa a que ten que convocar eses plenos, senón que é obriga do Secretario da corporación de xeito automático, segundo indica a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local.

Facturas pendentes e incumprimento de contratos

Con todo, o popular recorda que a alcaldesa «céntranse en falar de garabatos pero non din nada do contido do pleno». Así, a intención dos populares coa convocatoria deste pleno extraordinario era «falar das reclamacións sobre facturacións, sen contrato algún, fraccionada e manipulada, sobre servizos de actos culturais e de festas pendentes de pago por importe de 200.000 euros e feitas a dedo, facturas que ningún funcionario municipal conforma e que, a pesar diso, a alcaldesa certifica que os servizos foron realizados».

Tamén se incluían os incumprimentos de contratos de diferentes alugueres, que suporán ao Concello do Porriño costas e intereses, «omitindo unha vez máis a alcaldesa as súas funcións e a sabendas dos incumprimentos».

12 millóns pagados pese ao reparo do Interventor

Ademais, co rexeitamento deste pleno, o PP considera que a alcaldesa non quere que se modifique a base 18 do orzamento municipal, «xa que é a base que lle permite que, habendo partida orzamentaria, pode levantar os reparos do servizo de facturación e, deste xeito, leva pagados xa 12 millóns de euros co reparo de intervención».

A maiores, «tampouco quere que se revisen as nóminas da alcaldesa, xa que a pesar das súas ausencias por enfermidade continúa cobrando o 100% da nómina mensual, nada que ver co que lle ocorre ao resto de cidadáns«.

3 millóns facturados por unha empresa «contratada a dedo» pola alcaldesa

A solicitude do PP tamén reclamaba que se revisasen de oficio as facturas dunha empresa cántabra, «contratada a dedo pola alcaldesa», e que facturou máis de 3 millóns de euros en dous anos despois de que a propia empresa asegurase que ese prezo foi consensuado coa Alcaldía.

También te puede interesar