Destacados Vigo al minuto

As traballadoras de ‘Axuda no Fogar’, Viguesas Distinguidas

Foran nomeadas para o premio por Marea de Vigo

Tal e como propuxera Marea de Vigo, o Concello nomeará como ‘Viguesas Distinguidas’, ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.

A concelleira Oriana Méndez, na súa defensa desta candidatura, sinalaba que “son un servizo esencial que adquiriu un valor incalculable na loita contra a pandemia”.

Para Méndez “elas, porque son en maioría absoluta de mulleres representan o eslabón máis feble dos servizos sociosanitarios” . A concelleira salientou hai uns días que a crise aberta pola COVID “puxo sobre a mesa, de xeito descarnado, a necesidade de protexer o público, de crear institucións e sociedades capaces de coidar ao conxunto da cidadanía, comezando polos servizos máis próximos e directos, os servizos municipais”.

También te puede interesar