Tal e como propuxera Marea de Vigo, o Concello nomeará como ‘Viguesas Distinguidas’, ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.
A concelleira Oriana Méndez, na súa defensa desta candidatura, sinalaba que «son un servizo esencial que adquiriu un valor incalculable na loita contra a pandemia».
Para Méndez «elas, porque son en maioría absoluta de mulleres representan o eslabón máis feble dos servizos sociosanitarios» . A concelleira salientou hai uns días que a crise aberta pola COVID «puxo sobre a mesa, de xeito descarnado, a necesidade de protexer o público, de crear institucións e sociedades capaces de coidar ao conxunto da cidadanía, comezando polos servizos máis próximos e directos, os servizos municipais».

