Comarcas

Nigrán destina 2,2 millóns a obras e 400.000€ a paliar os efectos da COVID

O goberno local consigna outros 100.000 € para un segundo plan de rescate municipal á hostalaría e ao sector do taxi

O Concello de Nigrán aprobou no pleno de onte consignar 3,4 millóns do Remanente de Tesourería 2020 a cubrir diferentes obxectivos. Deles destina 2,2 millóns a diversas obras, como o futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (415.000 €); a cociña escolar municipal do CEIP Humberto Juanes (378.600 €); humanización da rúa Gaivota de Panxón (232.653 €); rehabilitación do muíño de Porto do Molle (259.150 €); o mobiliario da nova Biblioteca (224.000 €): o abastecemento na Tarela e O Carballal (205.000 €); ou o saneamento da rúa Raña (115.000 €).

Efectos da COVID

Asimesmo, o goberno local consignou 493.500 € para paliar os efectos do Covid-19 no municipio. Destes, 100.000 € están dirixidos a probas diagnósticas do persoal, epis, etc; 100.000 € para gastos de persoal, tras obrigar a Xunta a que a Policía Local asuma tarefas de inspección diarias; 73.500 € á desifección dos centros escolares ante a negativa tamén da Xunta a asumir esa responsabilidade; 120.000 € ao primeiro plan de rescate municipal á hostalaría e outros 100.000 € para un segundo plan cuxas bases serán moi similares pero coa salvedade de que a axuda aos taxistas ascenderá dos 70 € aos 400 €.

«Estamos a rematar as bases para este segundo plan no que outorgaremos novamente 1.000 € a cada hostalerio, 750 € aos traballadores do sector sen dereito a prestación e 400 € aos taxistas», explica o alcalde. González recalca que, a maiores, a Deputación achegará 60.000 € que o Concello distribuirá nuha tercera liña de axudas entre outros sectores tamén duramente afectados pola crise do Covid-19.

En total, o Concello sumará 280.000 € só en axudas directas a empresas e traballadores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.