RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Galicia puxo o 84% das vacinas da COVID recibidas, a terceira porcentaxe máis baixa das autonomías

A Xunta incumpre todas as previsións anunciadas ata hoxe

Vacinación maiores 80 anos

A Xunta puxo 524.134 vacinas contra a COVID, o 84,2% de todas as que recibiu, o que representa o terceiro peor dato das Comunidades autónomas, so por diante de Melilla (80,5%) e Euskadi (79,35) e lonxe do 88,2% da media estatal.

Dacordo cos datos de vacinación do Ministerio de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo 45.684 vacinas entre o mércores, día 30 de marzo, e o venres, 2 de abril, menos da metade das 100.000 que anunciara o Goberno galego para esta Semana Santa.

A Xunta recibiu 622.665 doses de vacinas contra a COVID: 427.165 de Pfizer-BioNTech; 73.600 de Moderna e 121.900 de AstraZeneca.

También te puede interesar