'Qué te cuentas?' Galicia

O 98% dos alumnos galegos de 4º de Infantil ten praza no centro escollido como primeira opción

Na provincia de Pontevedra esa porcentaxe supera o 99%

O 98,76 % dos nenos galegos de 3 anos que solicitaron praza en 4º de educación infantil, obtívoa no colexio escollido como primeira opción.

Segundo informa Educación, só un 1,24 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas as asignará a Comisión de escolarización de cada zona.

15.414 solicitudes

En total, recibíronse 15.414 solicitudes en Galicia, «polo que resulta suficiente a oferta de prazas en 4º de educación infantil, con 26.800 postos».

Son 1.576 solicitudes menos que o curso pasado, en liña co descenso demográfico de 1.855 nacementos rexistrado en 2018, ano de nacemento dos nenos agora escolarizados. Así pois, a caída da natalidade é mesmo
máis acusada que o descenso de solicitudes de escolares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.