Galicia

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para o pago do alugueiro

O 6 de abril está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid

Este venres xa se poderán pedir as axudas de 250€ do 'Bono Alugueiro Mocidade'

Dende hoxe pódense solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual a persoas con escasos recursos económicos. Así o anunciou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Maiores de 65 anos e menores de 35

A conselleira de Vivenda; Ángelez Vázquez, indicou que o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200€ ao mes ou de 250€, se o solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida a menores de 35 anos, que poderán acadar unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

Esta nova convocatoria conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros e poderá solicitarse durante o prazo dun mes.

En canto aos posibles beneficiarios, a conselleira lembrou que, nestes momentos, máis de 5.000 galegos reciben axudas a través deste programa.

You may also like