Galicia

A vacinación contra a COVID seguirá toda a Semana Santa en Galicia

As citas continuarán os días festivos, o sábado e o domingo

Maiores e pacientes de risco poden pedir cita dende este venres para a 4ª vacina da COVID

Haberá citas para vacinarse da COVID en Galicia toda a Semana Santa, incluídos o sábado e domingo. O conselleiro de Sanidade asiantou este martes que a vacinación non parará nestes días festivos.

Preto de 50.000 vacinas a maiores de 80 anos

49.000 vacinas serán para persoas maiores de 80 anos -delas, 32.000 sedrán para primeiras doses e 17.000 para as segundas-. O conselleiro salientou que máis do 60% dos galegos maiores desta idade están xa vacinados.

Outras 5.000 vacinas serán para traballadores esenciais, seguirá a vacinación, con AstraZeneca de persoas entre 50 e 55 anos e, pasada a Semana Santa, empezará a do grupo de 55 a 65 anos.

147.759 galegos xa están inmunizados

 Ata hoxe, o Servizo Galego de Saúde puxo 462.095 vacinas. Deles, 166.556 galegos teñen posta a primeira dose e 147.759 están xa inmunizados.

También te puede interesar