Sin sección

O Consello Escolar Municipal, contra o derrubamento da Escola Infantil Santa Marta

CIG Ensino advirte de que “non hai solicitude algunha para realizar obras no Barrio do Cura”

Escuela Infantil Santa Marta, Vigo

CIG-Ensino vén de advertir que o Concello de Vigo segue sen comunicar prazos de execución de obras no Barrio do Cura, “que xustifiquen o traslado da Escola Infantil Santa Marta-Casco Vello coa urxencia que se pretende”.

O sindicato sinala quenon constan solicitudes para a execución de obra algunha no Barrio do Cura”, segundo informa a Xerencia de Urbanismo”.

“Malia todo, o Concello continúa co seu proxecto de traslado e derrubamento, sen ofrecer prazos para as actuacións implicadas”.

Oferta de prazas para o vindeiro curso e situación das traballadoras da escola

O sindicato congratúlase coa oferta de prazas de 0 anos para o vindeiro curso; porén mantén a preocupación polas traballadoras da escola. Esta preocupación ten a súa base na posibilidade de traslado do alumnado noutros centros e no feito de que, ademáis, pode finalizar a xestión de Santa Marta pola actual empresa adxudicataria. Esa reubicación pode traer graves trastornos ás familias. “A conxelación da oferta de 1 e 2 anos é outro perxuízo habida conta da demanda existente”.

Sen previsións nin prazos para o traslado ao edificio de Instituto Municipal de Educación

O traslado da escola ao edificio do Instituto Municipal de Educación, no Camiño do Chouzo, a 1,5 km., obriga á realización de obras de reforma e acondicionamento para o novo uso. Ademais, “tampouco se dá a coñecer ningunha  previsión de reubicación nin de prazos para estas actuacións”.

You may also like