Galicia

A Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO

O aforro medio para as familias será de entre 105 e 280€

A Xunta prorrogará a vixencia dos libros de texto de 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º da ESO «co fin de evitar un gasto extraordinario nas familias». Con este obxectivo, a súa renovación será no curso 2022-2023, coincidindo coa entrada en vigor dos currículos da nova lei educativa Lomloe a partir do curso 22-23.

Aforro de entre 105 e 280€ por familia

Dende o Goberno galego aseguran que «tendo en conta que este ano tocaría renovar os manuais dos devanditos niveis, isto suporía un gasto total de máis de 10 millóns para as nais e pais en libros que só servirían para un ou dous anos académicos e non poderían pasar despois nin a outros nenos (irmáns, outros familiares…) nin a un banco de préstamo».

O aforro por familia será de entre 105€ e 280€ en función do nivel educativo e da renda familiar.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade toma esta decisión tras propoñerlla e acordala coas asociacións de nais e pais e coa Xunta Autonómica de Directores, así como cos representantes dos libreiros e editores da Comunidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.