Destacados Vigo al minuto

O BNG pide a Caballero que abra os parques infantís antes de Semana Santa

En xullo o Goberno local adxudicó a desinfección en 24 horas

Parque infantil en Vigo

O Bloque Nacionalista Galego vén de urxir o Goberno municipal á reapertura de todos os parques infantís da cidade. O BNG reclama que sexa antes das vacacións de Semana Santa, dentro das medidas de desescalada.

A meirande parte fechados dende outubro

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que na actualidade só están abertos 15 parques infantís e que a meirande parte destes levan fechados desde mediados de outubro, como resultado dunha decisión “arbitraria sen ningún tipo de base científica e que o único que provocou foi a masificación dun pequeno número de parques”.

Igrexas destaca a importancia de habilitar espazos seguros ao ar libre que permitan o esparcemento dos pequenos. “Abel Caballero castigou as crianzas de Vigo sen parques sen ningún motivo e agora cando se están abrindo outro tipo de instalacións e dotacións públicas non hai xustificación para manter os parques fechados”, defende.

Propaganda sen data

Para o Bloque o anuncio feito polo alcalde de o Goberno Local acordou iniciar a licitación para a desinfección dos parques infantís é “fume”.

“Na orde do día da Xunta de Goberno de hoxe non figuraba ese asunto, e no perfil do contratante do Concello de Vigo non hai ningunha información sobre ese procedemento. “Estamos diante de pura propaganda sen data”, reprochou Igrexas. Aliás, lembran que o Goberno municipal asegurou hai varios meses estar a traballar nesta licitación “pantasma” da que nada se sabe e que hoxe se anuncia sen concretar os prazos.

En xullo a desinfección adxudicouse en 24 horas

O portavoz municipal do BNG entende que a reapertura debe producirse coincidindo co inicio das vacacións. “Só depende da vontade política facelo, porque en xullo do ano pasado a desinfección dos parques adxudicouse en menos de 24 horas.

También te puede interesar