Cultura Vigo al minuto

Abertas as inscricións para visitar as camelias en floración do Castelo de Soutomaior

As mesmas están completas para este sábado 20, pero aínda quedan entradas para o domingo

A Deputación organiza este sábado un taller e ruta con xogos, no Castelo de Soutomaior

As visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional no Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de ocio para esta vindeira ponte de San Xosé.

A Deputación de Pontevedra, coincidindo coa etapa de floración da camelia, ten en marcha por terceiro ano consecutivo estes percorridos botánicos -sempre cun aforo reducido e adaptándose ás circunstancias e evolución
da crise sanitaria- e aínda que as prazas para o sábado 20 están xa esgotadas, quedan vacantes para a xornada do domingo. Tamén quedan algunhas prazas libres para as visitas previstas na última fin de semana deste mes, os días 27 e 28.

‘Xardín de camelia con nome de muller’

Estas visitas ofrecen a posibilidade de coñecer todas as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, distinguido co selo ‘Observer’ de turismo científico, así como a súa orixe, coidados e curiosidades. Así mesmo, este ano o percorrido inclúe como novidade, ao abeiro da programación do 8M da Deputación, a visita ao “Xardín de Camelia con nome de muller”, o espazo creado no pasado ano 2020 coa plantación da primeira camelia María Vinyals, e completado logo coas variedades Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen.

Té de camelia

Os percorridos tamén teñen unha parada na plantación de té de camelia existente nos Xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a
súa historia e os seus principais beneficios.

As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través da web do Castelo, https://castelodesoutomaior.com. As visitas están guiadas por persoal especializado e celébranse sábado e domingo a partir das 12 horas, cunha hora e media de duración.

O custe é de 1,5 € no caso da tarifa reducida e de 3 € a tarifa normal.

También te puede interesar