Cultura Destacados

Denuncian podas salvaxes no cemiterio de Pereiró

Son nove tilos que non precisan poda e que aportan numerosos beneficios aos cidadáns

Árboles talados de manera salvaje en Pereiró

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras denuncian as drásticas podas” realizadas no cemiterio de Pereiró. Alí, nove exemplares de Tilos que rodean a capela do cemiterio foron mutilados” sen motivo aparente.

Ambas organizacións fan un chamamento ao Concello de Vigo para que non se volvan a repetir estos desmochados e que “as podas sexan realizadas sempre por técnicos cualificados en arboricultura”.

Árbores que non teñen que podarse

Os tilos mutilados no cemiterio de Pereiró pertencen a unha especie que desenvolve de xeito natural unha gran copa que aporta unha frondosa sombra. Esta especie cotribúe con númerosos beneficios ecosistémicos aos ciudadáns sendo preciso respectar a súa estrutura natural.

Non necesitan poda

Sinalan que as árbores non necesitan  poda a menos que haxa un motivo xustificado.  As podas drásticas  nas que  se  elimina todo a ramaxe máis  xove crean brotacións  desequilibradas. Debido a isto, os puntos de inserción son máis febles e poden presentar problemas futuros de risco de desprendemento da ramaxe.

A  diferencia do que se acostuma pensar as podas non  rexuvenecen a árbore: a estresan e producen un grave dano á estrutura prexudicando a súa saúde.

Crecemento rápido e antinatural

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras indican que as podas drásticas producen unhna sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo  un  trauma e reacciona medrando dun xeito antinatural  nun  intento desesperado de reemplazar a follaxe que perdeu a causa duna poda excesivamente severa.

Aumento da infeción por fungos

Sinalan, ademais, que con este tipo de podas se aumenta a posibilidade de infeción por fungos no interior da árbore. Isto pode conlevar o avance do apodrecemento e a enfermidade de maneira rápida.

A reducción drástica da copa da árbore, denominada desmoche ou terciado, só debe considerarse  como o derradeiro recurso ou como unha medida provisional, previa a eliminación completa da árbore cando está non pode salvarse.

Te podría interesar