RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Comeza a ‘Escola de letras’ da Deputación e a Editorial Galaxia

O pioneiro programa da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, arranca este luns co primeiro obradoiro de Inma López Silva e con todas as prazas completas

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia volve este luns, 15 de marzo, a abrir as súas portas virtuais ao alumnado.

Co título de “[email protected] temos unha historia que contar” a Escola inaugura os cursos deste ano coa escritora Inma López Silva que desenvolverá o seu Obradoiro Literario os días 15 e 22 de marzo; 12,19 e 26 e abril; 3, 10 e 24 de maio.

Con 15 alumnos por clase, a docente tamén impartirá outro curso, de maneira telemática, durante oito sesións, os días 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; 5, 12 e 19 de maio.

6 cursos este ano

A Escola de Letras oferta este ano un total de 6 cursos moi variados como son, amais dos de López Silva, o Obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, o Obradoiro Literario con Anna R. Figueiredo: Escribir unha novela, o Obradoiro Literario con Diego Giráldez e o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío.

Ante a ampla demanda, todos os cursos están completos e con lista de agarda de 60 persoas.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar, poden
escribir a [email protected] para entrar nas listas.

También te puede interesar