Vigo al minuto

4.400 persoas da Área de Vigo, de 50 a 55 anos, citadas para vacinarse da COVID

O sábado, día 13, no IFEVI

España, tercer país del mundo en porcentaje de vacunación

O Servizo Galego de Saúde realizará o próximo sábado dia 13 unha proba piloto de vacinación masiva no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo). Así, vanse citar a 4.400 persoas da Área Sanitaria de Vigo de entre 50 e 55 anos, para administralles a primeira dose da vacina.

60 profesionais traballando de 08:00 a 22:00h.

Ata o IFEVI achegarase un equipo formado por 60 profesionais sanitarios – enfermaría, TCAES, e celadores – que realizarán esta acción sanitaria en horario de 8.00 a 22.00 horas.

A partir de apelidos que empecen pola ‘H’

A poboación diana, a comprendida nesa franxa de idade e a partir dos apelidos que empecen pola letra H, será citada a través dun SMS en su teléfono móbil; e posteriormente recibirán unha chamada telefónica  para confirmar que acudirán á cita.

Con este programa piloto trátase de e testar a capacidade de vacinar en espazos alternativos  ás estruturas sanitarias convencionais.

You may also like