Comarcas

Nigrán destinará 500.000€ dos remanentes a paliar os efectos da COVID no concello

220.000 € serán para axudas á restauración, 150.000 € para compra de alimentos e 60.000 á compra de Epis

O Goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario destinar medio millón do remanente a paliar os efectos da Covid-19 no concello.

Se no 2020 consignou 100.000 € á adquisición de alimentos e 20.000 para EPIS, nesta ocasión serán 220.000 € para axudas aos establecementos hostaleiros; 150.000 € para engrosar a mercadoría do Banco de Alimentos Municipal e 60.000 € para a compra de EPIS.

Estes cartos súmanse aos xa consignados no orzamento de 40.000 € para emerxencia social.

100.000€ en xullo

«En xullo destinamos 100.000 € do remanente a gastos de emerxencia social despois de que o goberno central permitise en marzo de 2020 que os concellos empregásemos o noso superávit, pasado un ano do inicio da pandemia os efectos socioeconómicos son devastadores, polo que nesta ocasión destinaremos 430.000 € a este fin específico», explica o alcalde de Nigrán.

Juan González xustifica a decisión «ante o aumento dos usuarios do Banco de Alimentos e a situación precaria de moitos hostaleiros«. Con estas achegas o Concello garante cubrir as necesidades das persoas que o precisan de aquí a fin de ano. «Afortunadamente somos un Concello con aforros e sen ningún tipo de débeda, o que nos permite afrontar esta crise con recursos máis que suficientes, este é o momento idóneo para empregar o Remanente», sinala.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.