Comarcas Vigo al minuto

A Xunta rebaixa as restricións en Redondela, Oia e Moaña e aumentan en Mos, Mondariz e Pazos de Borbén

Soutomaior queda como o único concello galego en nivel máximo de alerta

Galicia reunión Comité Científico

O comité clínico que fai seguimento da evolución da COVID19 en Galicia decidiu, na súa reunión de onte, abrir o peche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio -reunións de ata 4 non convivintes; mobilidade cos concellos do mesmo nivel de incidencia; hostalería ao 30% no interior e 50% de ocupación so en terrazas ata as 18:00h; reabren ximnasios e instalacións deportivas- e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

Soutomaior segue pechado

Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo -prohibidas as reunións de non convivintes; peche perimetral do concello e hostalería pechada-.

Mos, Mondariz e Pazos de Borbén, en peche perimetral

As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio, de xeito que levántanse restriccións en Redondela, Oia e Moaña.

Estos son os niveis aplicabeis en Galicia

Primeiro nivel – Máximo: Prohibidas as reunións de non convivintes; peche perimetral do concello; hostalaría pechada.

Segundo Nivel-Alto: reunións de ata 4 non convivintes; hostalería so aberta na terraza, ao 50% de ocupación e ate as 18:00h.; mobilidade limitada a concellos do mesmo nivel de incidencia. Están neste caso Mos, Pazxos de Borbén e Mondariz

Terceiro Nivel-Medio: reunións de ata 4 convivintes; hostalería aberta ata as 18:00h. cunha ocupación do 30% no interior e 50% nas terrazas; mobilidade cos concellos no seu mesmo nivel de alerta.

Na área de Vigo están neste nivel: Vigo, Porriño, Redondela, Nigrán, Cangas, Gondomar, Baiona, A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Ponteareas, Tui, Covelo, Salceda, Fornelos, Salvaterra, Crecente, As Neves, Arbo e A Cañiza.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.

También te puede interesar