Galicia

Aberto o prazo de admisión nos centros escolares de Galicia para o vindeiro curso

Dende hoxe ata o 22 de marzo

Desde hoxe e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Telemática e presencialmente

As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1, tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas será antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio.

Matrícula

Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

A ferramenta informática de admisión posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da
solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Sorteo de letra

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “W” e “S” para o primeiro apelido e “B” e “F” para o segundo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.