Cultura

Reaberta a Biblioteca Pública do Rosal

O seu horario será os luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.

Biblioteca do Rosal

A Biblioteca Pública do Rosal reabriu este mércores as súas portas aos usuarios e usuarias. Como establecen as autoridades sanitarias, esta instalación municipal reducirá o seu aforo ao 30% e continuarán aplicándose todos os protocolos de precaución: o uso dunha única entrada, emprego de máscara en todo momento e desinfección das mans.

Tamén se retoma o servizo de préstamo de libros con todas as medidas de prevención . O horario de apertura será o habitual ata o de agora: luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.

También te puede interesar