Comarcas Vigo al minuto

‘As Mulleres que opinan son perigosas’ así o amosan 16 xornalistas de primeira liña

Os días 5 e 6 de marzo, volve o foro, patrocinado pola Deputación,

Presentación As Mulleres que Opinan son Perigosas

Dezaseis das mulleres “máis potentes” do periodismo local, nacional e internacional, entre elas xornalistas con premios Pulitzer e premios Ondas, directoras de medios ou xefas de sección, redobran a aposta da cuarta edición do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas”.

Patrocinado pola Deputación e o Concello de Pontevedra, o foro volve a ser telemático.

Os días 5 e 6 de marzo

As xornadas que naceron hai tres anos en Pontevedra da man das xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela, en resposta á ausencia de mulleres columnistas invitadas nun debate en León, regresarán os días 5 e 6 de marzo como a mellor antesala ás celebracións do 8M con sete horas de debate e un total de doce relatorios “para tomar a palabra nas redes“, con voces tan recoñecidas como Esther Palomera, Almudena Ariza ou Mar Cabra.

“Acto de rsistencia”

Tal e como expresou a presidenta provincial Carmela Silva “este é un acto de resistencia” e “unha das mellores ideas non só na nosa provincia e en Galicia, senón no conxunto do Estado porque foi quen de facer que todo o mundo mirara cara a esta provincia” e destacou que cada edición supera á anterior.

Conxurouse para que esta sexa a última celebración en liña e subliñou que “é fundamental manter este tipo de iniciativas que reflexionan con miradas, con voces de mulleres potentísimas no eido da comunicación e amais facelo cada vez dunha forma máis ampla, falando de cuestións que afectan á humanidade e que precisan que haxa voces, escrita, palabras e posicionamentos da metade da poboación”. “Seguimos dando que falar –apuntou-. Porque as mulleres non só opinamos, senón que opinamos moi ben”.

Carmela Silva tamén quixo reivindicar o foro como “un acto de denuncia, porque a situación non ten mellorado para as mulleres coa pandemia, todo o contrario, ten empeorado” e citou o caso da brecha salarial, os datos de desemprego feminino e o feito de que “as actividades e o tempo que temos que dedicar á nosa profesión e ao noso fogar ligadas aos coidados provoca un estrés insufrible que padecemos nós maioritariamente”.

Engadiu que este ano, por exemplo, esta situación de empeoramento notouse no ámbito da investigación, “onde os papers das mulleres descenderon moitísimo e sen embargo aumentaron os dos homes, porque teñen máis tempo e o dedican a opinar e publicar as súas investigacións, mentres que as mulleres temos que dividirnos como sempre”. Pero concluíu cun mensaxe de optimismo, porque as mulleres estamos aquí, seguimos opinando, reclamando e denunciando e poñendo unha mirada propia sobre o mundo que nos rodea”.

Te podría interesar