Galicia

A Audiencia da Coruña confirma que Meirás é propiedade do Estado

Declara inexistente a doazón do pazo ao dictador e nula a escritura de propiedade de 1941

A sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña declarou que o pazo de Meirás e as leiras incluídas no recinto son propiedade do Estado, tal e como decretou o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña o pasado mes de setembro.

A sentenza, que responde ao recurso de apelación presentado pola familia Franco, condena os herdeiros a desaloxar esas propiedades, «deixándoas libres e ao dispor do Estado español, con liquidación dos gastos útiles e necesarios», e ordenou a cancelación das inscricións rexistrais contraditorias sobre os predios.

A suposta ‘doazón’ ao dictador en 1938, declarada inexistente y nula a escritura de propiedade de 1941

O tribunal acordou declarar inexistente, desde o punto de vista xurídico, a doazón do inmoble e mais os predios realizada en 1938 a Francisco Franco. Os xuíces tamén decretaron nula, por «simulación absoluta», a escritura de compravenda de 1941 pola que supostamente lle venderon a Francisco Franco o inmoble. Ademais, consideraron «ineficaz» a partición da herdanza de Franco correspondente aos terreos de Meirás, do mesmo xeito que a doazón de diversas parcelas situadas no recinto do pazo que foron doadas por Carmen Polo á súa filla.

Contra a resolución da Audiencia Provincial pode interpoñerse recurso de  casación ou recurso extraordinario por infracción procesual ante o Tribunal Supremo

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.