Galicia

Denuncian a tentativa da Xunta de autorizar explotacións porcinas ilegais

Ecoloxistas en Acción asegura que o Goberno galego quere evitar que se lles apliquen as novas normas en ámbitos como o do benestar animal

Porcos/cerdos

Ecoloxistas en Acción vén de denunciar a intención do Goberno de Galicia de autorizar explotacións porcinas ilegais.

A organización ecoloxista reivindica un modelo gandeiro extensivo de base agroecolóxica e pide á Xunta que deixe de “encubrir” este tipo de explotacións.

Legalización para non cumprir normas que afectan ao benestar animal

Anticipándose á aprobación en febreiro de 2020 do novo Real Decreto que establece as normas básicas de ordenación de explotación porcinas intensivas, a Xunta admitiu a trámite una avalancha de solicitudes de legalización, ampliación e modificación de explotacións deste tipo, tentando así evitar que se lles apliquen as novas normas en ámbitos como o do benestar animal ou a prevención da contaminación.

Se o ano pasado a Consellería de Medio Ambiente aprobaba catro Autorizacións Ambientais Integradas para granxas intensivas de porcos en Rodeiro, Sarria, Chantada e Friol, actualmente hai oito proxectos en trámite de exposición pública situados nos concellos de Maceda, Montederramo, Carballo, Sarreaus, Lousame, A Peroxa e Mesía.

Manter explotacións que funcionan ilegalmente

Ecoloxistas en Acción alerta de que “aplicando a normativa xa derrogada, preténdese que mesmo explotacións construídas fai décadas e que a día de hoxe están funcionando ilegalmente ao carecer de Autorización Ambiental Integrada poidan manterse en condicións que vulneran os máis básicos requisitos sanitarios e de benestar da lexislación en vigor”.

A ONG advirte de que varios dos proxecto en trámite carecen de documentación esencial e “presentan datos falsos”, como por exemplo nos plans de xestións de puríns, o que “fai pensar que os trámites da Xunta son meramente formais e que as propias Autorizacións Ambientais Integradas sirven para tapar o auténtico descontrol dos últimos 10 anos por parte da Xunta”.

Stop Ganadería Industrial

Por este motivo, e dentro da súa “Campaña Stop ganadería industrial”, Ecoloxistas en Acción ven de presentar alegacións contra os proxectos “máis escandalosos, como son “os dunha granxa en Lousame, que leva operando décadas sin Autorización Ambiental Integrada, e anuncia accións xudiciais ante os indicios de prevaricación por parte dos responsables da tramitación destes proxectos na Administración”.

A Campaña Stop Ganadería Industrial aposta por un modelo gandeiro extensivo con base agroecolóxica, frente ao modelo intensivo ou industrial. “Este modelo intensivo estáse extendendo por todo o territorio e ten graves impactos para o medio ambiente, o mundo rural, a saúde das persoas e o benestar animal”.

También te puede interesar