RGPD - Cookies
Comarcas

Nigrán organiza este Entroido un concurso de disfraces ‘telemático’

É só para familias de conviventes

Entroido telemático 2021 Nigrán

O Concello de Nigrán celebrará este ano o entroido cun concurso de disfraces telemático dirixido a familias de conviventes. O obxectivo é festexar esta tradicional data na intimidade familiar e, polo tanto, sen risco sanitario algún. Como incentivo para a participación, os premios constarán de tablets e cestas gastronómicas.

Inscrición

O certame está dirixido a calquera grupo de conviventes, independentemente da súa idade (mínimo 3 persoas) e de onde vivan. O requirimento imprescindible para todos os casos é que fagan unha foto de grupo onde se vexa un cartel que poña ‘Entroido Telemático 2021-Concello de Nigrán’ e sexa enviada con calidade suficiente a [email protected] entre o 12 e 16 de febreiro.

Non se admitirá ningunha imaxe con posterioridade a esa data nin aquela na que non figure o cartel físico ‘Entroido telemático 2021-Concello de Nigrán’ que demostre que o grupo fixo esa foto ex-profeso para participar neste concurso.

As imaxes serán subidas ao Facebook do ‘Concello De Nigrán’ a medida que se vaian recibindo (do 12 ao 16 de febreiro) e gañarán os tres grupos que sumen máis ‘Me Gusta’ (inclúe ‘Me Encanta’ ou ‘Me importa’) o 17 de febreiro ás 12:00 horas e aquel que non teña ningún (se é o caso).

Cada grupo premiado recibirá unha tablet e unha cesta de produtos gastronómicos típicos do entroido galego.

Enterro do kiko

Desde o Concello de Nigrán considérase celebrar o tradicional enterro do kiko co Centro Cultural Parada do Miñor en canto a situación sanitaria o permita con total seguridade, independentemente de que sexa durante o verán.

«É unha tradición de moita raigame en Parada que queremos que siga no 2021 aínda que sexa verán, o importante é desfrutalo«, subliña o alcalde.

También te puede interesar