Ciencia y Tecnología Galicia

1.108 profesionais da Área de Vigo vacínanse da 2ª dose fronte á COVID

Hoxe están citados 670 traballadores do hospital e 510 de Atención primaria

A Xunta iniciou hoxe a 2ª dose da vacinación fronte ao Covid 19 ao persoal que traballa en primeira liña no ámbito sanitario. Trátase daqueles profesionais que teñen un maior risco de exposición por levar a cabo actividades de atención directa de pacientes Covid así como por presentar maior probabilidade de ter contacto cunha persoa con  infección polo virus.

Nesta primeira fase, ata o próximo venres, vanse vacinar a aqueles traballadores que xa tiñan administrada a primeira dose, preto de 4.000 da Área Sanitaria de Vigo.

Citados hoxe 1.180 profesionais

Hoxe xa están citados 1.180 traballadores de todas as categorías profesionais, sanitarios e non sanitarios, dos que 670 traballan no ámbito hospitalario e 510 en Atención primaria.

En concreto, estase vacinando aos servizos de Atención Primaria de Ponteareas (que inclúe ao persoal dos centros de saúde de Ponteareas, Mondariz, As Neves, e Salvaterra); A Cañiza (Cañiza, Crecente e Arbo); centro de saúde de Coia; R/Cuba (Cuba e Taboada Leal); Nicolás Peña (Nicolás Peña e Pintor Colmeiro), Rosalía de Castro-Beiramar;  e Sárdoma (Sárdoma, Bembrive e Matamá).

No ámbito hospitalario o persoal dos servizos de primeira liña que estase vacinando é o que traballa nas Unidades de Críticos como UCI e Reanimación; Urxencias; Hospitalización a Domicilio; Hospital de Día; Oncoloxía, Hematoloxía, así como persoal de distintos gabinetes de técnicas e Unidades de  Hospitalización .

Para isto a dirección de Área Sanitaria conformou 13 equipos de enfermaría, compostos por dous profesionais cada un deles, destinados á vacinación. Seis deses equipos achegaranse aos servizos de Atención Primaria e outros sete están emprazados no hospital Álvaro Cunqueiro .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.