Destacados Vigo al minuto

Máis de 31.300 traballadores galegos en ERTE e 185.984 no paro

Tamén hai 14.168 cotizantes menos que hai un ano

O mes de xaneiro pechou con 185.954 galegas e galegos desempregados e 31.308 traballadores en ERTE en Galicia.

Baixa o número de anotados nas oficinas de emprego

Segundo os datos difundidos este martes polo Ministerio de Traballo, o número de parados anotados nas oficinas de emprego de Galicia baixou en 3.603 persoas o mes pasado (-1,9%).

O día 31, había 185.984 galegas e galegos buscando traballo, 18.229 máis que en xaneiro de 2020, o cal representa un aumento do 10,87%.

Menos galegos en ERTE

O mes pasado 31.308 traballadoras e traballadores galegos estaban protexidos por expedientes de regulación de emprego temporais (ERTE). Son 2.464 menos (-7,3%), que ao remate de 2020.

…e menos cotizando

A información difundida polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións indica que as afiliacións á Seguridade Social, baixaron en Galicia en 9.823 o mes pasado,ata as 992.338. Isto representa 14.168 cotizantes menos que hai un ano (-1,41%).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.